O departamento de Benestar e Igualdade informa e tramita as axudas por fillos/as menores de 3 anos

Silleda, 4 de febreiro de 2015. O departamento municipal de Benestar e Igualdade informa e tramita as solicitudes de axudas por fillos/as menores de tres anos, estabrecidas pola Xunta de Galicia para o ano 2015.

Estas prestacións está fixadas nunha cantidade única de  360 euros anuais polo primeiro fillo, 1.200 euros polo segundo e 2.400 polo terceiro. O prazo para presentar as solicitudes remata a mediados do vindeiro mes de marzo.

As axudas poderán ser solicitadas polas persoas que teñan ao seu cargo a fillos menores de 3 anos e que durante o ano 2013, nin elas nin outra persoa da unidade familiar presentaran a declaración da renda.

As persoas interesadas poden dirixirse ao departamento municipal, sito no Centro Social ou ben chamar ao 986 592037.