O entorno da Saleta en Siador acollerá o vindeiro venres 22 o encontro “La Voz del Camino”

-A actividade consiste nun encontro humano de cinco días por puntos da vía da prata, que se complementan con concertos e meditacións pola paz

-Recalará en Silleda o vindeiro venres 22, no entorno da Saleta, onde actuará o músico Ravi Ramoneda, acompañado de Tara Walsh e Joan Miró

Silleda, 12 de xullo de 2016.  A empresa Bioturmalina organiza “La Voz del Camino”, unha viaxe de 5 días pola Vía da Prata do Camiño de Santiago, complementada con actividades na natureza, concertos, danzas, meditacións e biocreatividade.

A actividade, definida coma unha experiencia única de viaxe interior a través dos sons, un espazo de encontro e de diálogo para a paz, e de profunda conexión coa naturaleza e o corazón, celebrarase entre os días 22 e 26 de xullo e percorrerá catro puntos da Ruta da Vía da Prata.

Así o 22 de xullo comezará coa recepción e benvida dos participantes en Santiago de Compostela. Logo desprazaranse ata Silleda, onde percorrerán o Sendeiro do Deza, e farán actividades varias, para rematar o día cun concerto de música sacra protagonizado polo prestixioso músico Ravi Ramoneda, tamén coñecido artísticamente como Ravi Ram, que estará acompañado de Tara Walsh e Joan Miró. A actividade, que terá lugar ás 21.00 horas no entorno da Saleta, en Siador, contará con entrada solidaria e donativos conscientes a beneficio da Fundación Mensajeros de la Paz, (do Padre Ángel), e a Fundación Punarnava Ayurvedic Trust.

Os seguintes días os encontros terán lugar na igrexa de Gundián, en Ponte Ulla, no Convento de San Francisco en Santiago, e pecharanse o 26 de xullo con unha danza da paz na Praza da Quintana.

Para máis información e inscricións pódese consultar a páxina web de bioturmalina, na dirección de mail: caminopaz16@gmail.com, ou nos teléfonos: 981.594.481 – 617.712.377