O espectáculo “Raigame” da agrupación folclórica Ximiela, recala no Manuel Dopazo o vindeiro 14 de marzo

Silleda, 28 de febreiro de 2020. O vindeiro sábado 14 de marzo  (20:00 horas) recalará no auditorio municipal Manuel Dopazo da Bandeira o espectáculo “Raigame”, a última producción artística da Agrupación Folclórica Ximiela de Louro, (Muros) que achega os espectadores a través das diversas expresións da música e o baile tradicional, un dos grandes fenómenos que ocorreron en Galicia a primeiros do século XX: a emigración

Ese fenómeno, que levou a fora de Galicia a máis de un millón de persoas entre os século XIX e XX, tocou de cerca a case que tódolos galegos, fixo separar a amigos, familias, matrimonios, pais e fillos…

A través de RAIGAME, dende a asociación Ximiela, querese amosar en clave de folclore, as distintas situacións que poideron vivir todolos galegos que tiveron que deixar todo, e prácticamente, co posto, embarcar hacia unha terra descoñecida.

“Pero non nos queremos esquecer, da outra parte, os que quedaron aquí, loitando, sufrindo e traballando tanto ou maís como os que se foron…”, indican dende a agrupación que conta co recoñecido gaiteiro Pablo Seoane como director artístico.

RAIGAME consta de 14 escenas, cos seus correspondentes 14 distintos vestiarios, e os seus 14 atrezzos. Unha montaxe na que participan máis de 70 persoas entre gaiteiros, pandereteiras, pandereteiros, bailadores, actores, técnicos…… e que durante dúas horas centrarase na emigración galega á Arxentina.

Deste xeito, o municipio de Silleda súmase a vilas e cidades como A Estrada, Rianxo, Santiago de Compostela, Mazaricos, Negreira e Muros ou Vimianzo donde xa máis de 3.000 espectadores disfrutaron, riron e tamén se emocionaron con esta proposta.

O espectáculo estrenouse con grande éxito o pasado ano por parte de Ximiela, que tamén acadou un gran recoñecemento participando coa súa banda de gaitas no Festival Des Filets Bleus en Concarneau (Bretaña) e no Festival Internacional de Gaita de Villaviciosa (Asturias).

“Esta é unha homenaxe en forma de espectáculo tradicional a todos os galegos e galegas que un día marcharon en busca dun futuro mellor, e ao que agardamos que se sume o público silledense”, indica a concelleira de Cultura, Mónica González.

As entradas para asistir ao espectáculo teñen un custe de 5 euros e poden xa mercarse  no Concello de Silleda ( en horario de mañá) e nas instalacións do auditorio pola tarde.

O director artístico do espectáculo, Pablo Seoane, é ademais o delegado de Galicia no Festival Interceltique de Lorient, no que participou na súa última edición a Banda de Música Municipal de Silleda.