O goberno local reinicia mañá en Carboeiro a queda das visitas ao rural

Silleda, 23 de xaneiro de 2017. O goberno municipal de Silleda retoma dende mañá  o calendario de visitas ás parroquias do rural. A axenda, para informar aos veciños e veciñas sobre distintas cuestións de calado e recoller as súas peticións, iniciouse en maio do pasado ano e suspendeuse no verán con motivo da campaña das Eleccións Xerais e do periodo estival.

Nesta primeira ronda visitáronse 17 parroquias . “Agora retomamos estas reunión para dar conta aos veciños e veciñas de diferentes temas de interese e co ánimo de manter cada ano contacto directo cos residentes no rural”, indica Manuel Cuiña.

A axenda arranca mañá 24 en Carboeiro, continúando en distintas localidades, todos os martes e xoves, ata o vindeiro mes de marzo. A seguinte reunión desta semana será o xoves na parroquia de Chapa. En ámbolos dous casos a cita cos veciños e veciñas será ás 21:00 horas no Centro Social de cada localidade.

Nestes encontros abórdanse cuestións de interese coma o estado do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), xa sólo pendente da aprobación definitiva por parte da Xunta, as variacións do Regulamento Municipal de Participación Cidadá, con motivo da elección dos Delegados Parroquiais, o proxecto do Centro de Desenvolvemento Agrario de Silleda e a convocatoria a subvencións europeas para o seu desenrolo, ou o posible traslado das oficinas municipais á actual Casa de Cultura.

 O alcalde resolverá todas as dúbidas ao respecto sobre estes puntos, e tamén atenderá tódalas cuestións que expoñan os veciños de cada parroquia.