O IES Pintor Colmeiro e o Concello promoven a creación dun club de lectura na biblioteca Daniel Castelao

 

Silleda, 22 de decembro de 2012. Silleda aposta pola creación dun club de lectura aberto a toda a cidadanía que tería a Biblioteca Pública Daniel Castelao como punto de encontro. Esta iniciativa parte do IES Pintor Colmeiro, que xa conta cun club propio, co apoio da Concellería de Educación e Cultura. Estará aberto a todas aquelas persoas maiores de 14 anos para poñer en común as reflexións que susciten as distintas lecturas. Para a súa posta en marcha convócase aos interesados/as a unha xuntanza que terá lugar o vindeiro xoves día 27 na citada biblioteca pública Daniel Castelao, , ás 20.30 horas. A proposta xorde para fomentar o hábito de lectura e o diálogo, para ofertar novas posibilidades no tempo de lecer e tamén para convertirse nun punto de encontro entre as persoas que compartan o gusto pola lectura. Dende o IES Pinto Colmeiro, tamén apuntan que o club permitirá dar a coñecer contornos sociais e culturais diferentes aos nosos.O club desenvolveríase nas instalacións da Biblioteca Pública Municipal Daniel Castelao a partir dos comezos deste vindeiro ano 2013. “Consideramos que se trata dunha iniciativa moi interesante, para fomentar o hábito da lectura e ampliar a oferta cultural no noso municipio”, sinala o concelleiro Matías R. Da Torre, que eloxia a iniciativa do IES Pintor Colmeiro, onde xa contan cun club propio coordenado pola profesora Gracia Santórum.

Actividades complementarias

Así mesmo, Da Torre destaca que a partir do clube se poderían desenvolver outras actividades na bibilioteca silledense coma proxeccións audiovisuais, conferencias ou representacións de teatro. Un club de lectura está formado por un grupo de persoas que len un libro ao mesmo tempo e que se xuntan unha vez ao mes para debatir sobre o lido e poñer en común as distintas opinións. Os clubs de lectura reúnen dous estímulos: a lectura persoal e íntima a posbilidade de compartir esa lectura con outras persoas