O III Lacón Rock Stars abre catro días de festa este xoves en Silleda

-Os grupos locais Berty and The Jeremys e Sagafuga actúan xunto a Recambios Tucho e Another Wasted Year.

-A Festa do Lacón, que cumpre 23 anos o venres, xuntará a preto de 1.500 persoas na praza Juan Salgueiro, onde dende a mañá haberá varias actuacións de grupos de música e baile tradicional

-A orquesta madrileña La Misión, centra as actuacións na madrugada do venres ao sábado

-Actividades de rúa para disfrutar en familia, charangas, as Bandas de Música de Silleda, Bandeira e Vilatuxe e outras animacións completan o programa festivo, que obriga a cortar e realizar restriccións de tráfico en varias zonas

 

Silleda,  4 de xullo de 2023.  As Festas de Verán de Silleda arrancan este xoves día 6 ca que é xa a terceira edición do Lacón Rock Stars na praza Siñor Afranio. O concerto, que arrancará despois do chupinazo na propia praza, abre 4 xornadas intensas de celebracións na capital municipal, con programacións para todos os públicos.

O concerto rock contará con dúas formacións locais como son Berty and The Jeremys e Sagafuga. Estas agrupacións con músicos silledenses serán os encargados de abrir a noite na que seguirán as actuacións de Recambios Tucho,  o grupo galego de rock nado no seo de Herdeiros da Crus e encabezado por “Tuchiño” que versiona clásicos do rock and roll; e a banda coruñesa de punk rock Another Wasted Year.

O venres, xornada festiva no municipio de Silleda, o protagonista será o lacón, ca cita gastronómica celebrando o seu 23 aniversario na praza de Juan Salgueiro, onde as celebracións comezarán xa a mediodía.

Así, ás 12:00 horas terá lugar o pasarúas do grupo Aires do Trasdeza do CPR María Inmaculada, que actuará na praza xunto cos grupos de Acordeóns e Gaitas da Escola de Música Municipal. Ao remate haberá unha degustación de produtos elaborados con lacón.

Así mesmo o deporte tamén terá o seu espazo na programación na xornada de festivo local, co torneo Kids League 3X3 no Estadio Outeirio-Joselu Mato a partir das 15:00 horas.

Pola tarde actuarán na praza as Bandas Infantil e Xuvenil de Silleda, na antesala da cea que reunirá a preto de 1.500 persoas na cita organizada dende a Asociación Cultural O Lacón.

Ás 01:00 horas comezará unha das citas máis agardadas na rúa Pintor Colmeiro: a verbena ca orquesta madrileña La Misión, cun gran montaxe de luz, son e posta en escea para todos os públicos.  Disco Móvil Chocolate completará a verbena dunha das principais xornadas das Festas de Verán de Silleda.

Animación das rúas

O sábado será un día protagonizado pola animación nas rúas. Abre a xornada o pasarrúas da Banda Recreativa e Cultural da Bandeira que ofrecerá un concerto ás 13:30 na Avenida do Parque.

A charanga BB+ e a Batucada Os Vikingos animarán as rúas e establecementos hostaleiros tanto na sesión vermú como pola tarde, á partir das 18:30.

A animación das rúas tamén chegará pola tarde, a partir das 17:30 para o publico máis novo da man da actuación Con Tom e Son, a través do programa Cultura no Camiño polas rúas principais.

A Banda de Música Municipal de Silleda ofrecerá ás 20:00 horas un concerto na praza Siñor Afranio  e a noite estará amenizada pola Charanga BB+, o Grupo Tentacións DJ Carlos López e DJ Calwin.

O domingo día 9 as festas rematarán cas bandas de novo como protagonistas.

A Banda de Música Municipal de Silleda fará o pasarrúas e a sesión vermú na avenida do Parque. A misa estará cantada pola Coral Polifónica Trasdeza. Pola tarde, sobre as 18:00 horas,  está prevista unha Gynkana para os máis cativos no entorno da praza Juan Salgueiro.

No concerto da tarde (19:30) a formación local estará acompañada pola Banda de Música de Vilatuxe, na praza Siñor Afranio.

O remate de festa será na avenida do Parque co grupo Supermirafiori e DJ Kintana, tamén con fogos de artificio.

Dende o Concello de Silleda, que colabora na loxística dos festexos,  agradécese o traballo e esforzo tanto da Asociación Xuventude de Silleda como da Asociación Cultural O Lacón na organización das festas.

Cortes das rúas

Así mesmo, xa se colocaron os Bandos informando dos cortes de rúas e restriccións que implica a organización dos festexos, garantindo a súa seguridade.

Así, dende o xoves estarán cortadas ao tráfico a rúa Pintor Colmeiro, rúa do Progreso (onde tampouco se poderá estacionar), Antón Alonso Ríos, Castrelo e Cartaxena; e a Emilio Alonso Paz (que reabre sólo o sábado).

O venres de 00:00  ata a madrugada e o sábado dende as 22:00 tamén se cortará o tránsito na rúa Venezuela.

No caso da Avenida do Parque, cortarase ao tráfico o sábado pola mañá e na xornada do domingo.

Só se permitirá o acceso nos casos en que sexa posible a persoas residentes e vehículos de carga e descarga así como ao servizo municipal de recollida de lixo.

Dende o Concello de Silleda habilitarase ademais dun dispositivo especial de limpeza viaria e de seguridade, ca Policía Local,durante os días de celebración.

Apélase así mesmo á colaboración cidadá para respetar a sinalización e cortes de tráfico e evitar situacións de perigo.