O luns día 13 ábrese o prazo de inscrición nas escolas deportivas de Silleda

-Ofertaranse  10 modalidades. As inscricións deben formalizarse na Casa da Cultura ou ben remitir os formularios por mail ao Concello de Silleda

 Silleda, 7 de setembro de 2021.  O Concello de Silleda abrirá o vindeiro luns o prazo de inscrición nas escolas deportivas para o vindeiro curso. As actividades, que finalmente o pasado ano non se puideron activar, comezarán a impartirse como vén sendo habitual no mes de outubro.

Se ben se arranca con 10 modalidades, dende o departamento municipal de Deportes non se descarta ampliar a oferta nas vindeiras semanas.

En principio ofértase patinaxe, ioga, kung-fu, xinmasia de mantemento, baloncesto, zumba fitness, zumba kids, aerobic step, ciclismo e como novidade, haberá tamén clases de golf.

As inscricións realizaránse na Casa da Cultura (en horario de 10:00 a 13:00 horas), se ben as persoas que o desexen poden cubrir o formulario e anexos (que están dispoñibles ao final deste texto) e remitilo por mail a info@silleda.gal. HAI QUE CUBRIR A FOLLA DE INSCRICIÓN E O ANEXO. Tamén figura para o coñecemento das persoas usuarias o protocolo de uso de instalacións deportivas.

Ademais da inscrición, deben de asinar unha declaración responsable, sobre o cumprimento da normativa.

Dende o Concello elaborouse xa o pasado ano un protocolo para o uso de instalacións tanto deportivas como culturais.

As actividades impartiránse no pavillón César G. Fares, na Casa da Xuventude, no Centro Social (caso de ximnasia de mantemento)  e tamén ao aire libre, no caso de modalidades coma o ciclismo ou o golf.

Na escola de patinaxe, a idade límite de iniciación será o ano 2016, se ben no caso de haber prazas libres (o aforo se restrinxe) se collerán a participantes nadxs no 2017.

As sesións de golf impartiránse nos terreos cedidos ao Concello, unha vez que se reacondicionen para volver a acoller este deporte, neste caso en colaboración co Club de Golf Val de Rois.

Nos vindeiros días seguirase informando de distintas cuestións e novidades relacionadas cas escolas deportivas municipais. A continuación figuran as follas de inscrición, que deben cubrirse xunto cos anexos (para a escola de baloncesto hai un anexo específico).