O mosteiro de Carboeiro acollerá no mes de xuño unha mostra da silledense Lucía López Agra

Silleda, 20 de maio de 2015º  mosteiro de Carboeiro acollerá durante o vindeiro mes de xuño un exposición realizada pola silledense Lucía López Agra. Baixo o título Carboeiro, cor de área, a autora, natural da parroquia de Dornelas ofrece distintos cadros realizados con área, e co protagonismo neste caso do mosteiro románico e o seu entorno, que poderán verse dende o día 1 ao día 30 na sala das antigas cociñas.

Lucía López é aficcionada dende nena a todo tipo de manualidades, sobre todo á pintura.

No seu tempo de lecer realiza obras con diferentes técnicas, aínda que a día de hoxe está centrada no uso de creacións con área, algo diferente e novidoso co que pretende chamar a atención do público e dar a coñecer máis este estilo.

A natureza é a temática predominante nas súas creación, reflexándose nos seus cadros a través da mestura de cores vivas e a complexidade da técnica.

Entre as súas obras figuran “Brisa de liberdade”, “Morriña” e “Homenaxe”, cadro adicado ao mosteiro de Carboeiro, e lugar que lle da agora a oportunidade de amosar as súas obras na súa terra natal.

Dende o Concello de Silleda están programadas outras exposicións para os vindeiros meses, coas que se busca complementar a oferta cultural e turística para os milleiros de persoas que se achegan ata este enclave patrimonial, que no ano 2014 superou as 16.000 visitas e que segue a bater récords mes a mes.