O mosteiro de Carboeiro comeza aplicar o  horario de inverno e abrirá só de mércores a domingo

Silleda, 29 de outubro de 2023. O mosteiro de Carboeiro aplica dende esta fin de semana o horario de inverno con novos axustes. Así, e tendo en conta o remate do contrato dunha das persoas que exerceu como guía dende o mes de xuño e o descenso de visitas nos meses de inverno, así coma as horas de luz, o mosteiro mudará de horario a  a partir deste domingo e ata a primavera.

O acceso ao edificio estará pechado nas xornadas de luns e martes, abrindo de mércores a domingo en horario de 11:00 a 14:30 e pola tarde de 15:30 a 18:00 horas.

Este horario manterase nos vindeiros meses, ata que se aplique o cambio de horario de cara á primavera. O horario de inverno aplicarase xa hoxe domingo, coincidindo como nos últimos anos co cambio de hora.