O municipio de Silleda acollerá de novo un tramo do Rali do Cocido

Silleda, 15 de xaneiro de 2015. O concelleiro de Deportes de Silleda, Klaus Brey, mantivo hoxe un encontro con Alex Moure e Juan Ramón Abeledo, da directiva da Escudería Lalín Deza, de cara a preparar o percorrido do Ralli do Cocido polo municipio.

Así, o certame automovilístico, que terá lugar os días 20 e 21 de marzo, volverá a pasar por terras silledenses. Tamén se fará un reagrupamento no centro da localidade, como xa ocorreu na última edición xunto á praza da Feira Vella.

Dende o goberno municipal Klaus Brey amosoulles o apoio do Concello á iniciativa e felicitounos polo éxito acadado na última edición.