O Obradoiro de Emprego Semente de Pedra arrancará a finais do vindeiro mes de decembro

Silleda, 15 de outubro de 2016.  O Concello de Silleda vén de recibir por parte da Xunta de Galicia a confirmación da subvención solicituda para a realización do Obradoiro de Emprego Semente de Pedra 2016.

O proxecto aprobado, que percibirá unha axuda por valor total de 179.134,20 euros,  contará con dúas especialidades: colocación de pedra natural e canteiría e instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes,  con 8 e 12 alumnos/as traballadores/as, respectivamente.

Este tipo de iniciativas están destinadas a persoas en situación de desemprego, maiores de 18 anos.

En cada unha das especialidades establécense varios módulos e actuacións. A través das dúas modalidades formativas realizaránse dúas  actuacións: no entorno da igrexa parroquial de Silleda e na parcela onde se ubicará o Centro de Día Residencial.

No primeiro dos casos actuarase nun entorno urbano, un espazo público de tránsito peonil e integrado nunha céntrica zona comercial e de ocio. O proxecto busca mellorar este entorno, eliminando barreiras e coa dotación de novo mobiliario urbano, sempre en lugares ata onde non chegaron actuacións anteriores.

Paralelamente plantexase a mellora do mobiliario urbano por medio dunha grande bancada de pedra e madeira, substituíndo así o mobiliario degradado existente, dándolle con estes materiais unha maior vida útil e que implique un case nulo mantemento nun futuro, implicando así un mantemento máis sostible dos espazos urbanos. Esta proposta inclúe tamén a creación dunha fonte máis escultural no conxunto, xa que a existente na actualidade atópase en estado de abandono, e as súas características formáis, estéticas e espaciais carecen de valor nunha contorna urbana tan marcada coma ésta.

No tocante á parcela xunto ao recinto feiral na que se construirá o Centro de Día Residencial, actuarase no ámbito da urbanización interior da finca, creando un espazo exterior de calidade destinado ao paseo e disfrute dos futuros usuarios/as e visitantes.  A proposta, segundo se recolle no proxecto é esencialmente paisaxística. Faranse traballos de cantería e paisaxismo/xardinería creando socalcos con mampostería, hastiais, ou movendo terras para a mellora do entorno.

Está previsto que nos próximos días comece a selección dos 20 alumnos/as traballadores/as, que terán como data do inicio do contrato o 30 de decembro próximo.

Comisión mixta

Dende o Servizo de Orientación e Promoción Laboral da xefatura de Emprego da Xunta en Pontevedra xa se comunicou ao Concello a creación dunha comisión mixta que estará integrada por personal da Xunta e da Administración Local para proceder á selección do persoal. A iniciativa inclúe tamén a contratación dun director/a do Obradoiro de Emprego, dous tutores e un administrativo. O obradoiro prolongarase ata finais de xuño do vindeiro ano.

“Logo de oito anos sen contar con este tipo de iniciativas, Silleda volverá ter un obradoiro de emprego que axudará a dar formación e empregar a veciños e veciñas do municipio que ademais levarán a cabo dous proxectos importantes que mellorarán sustancialmente a nosa vila”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.