O Padrón do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica do exercicio 2016 estará en exposición pública ata o 29 de abril no Concello de Silleda

-Os interesados poderán presentar recurso de reposición previo ó contencioso-administrativo perante a tesourería do ORAL no prazo dun mes dende o 30 de abril

Silleda, 28 de marzo de 2016.  O Padrón do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica do exercicio 2016 estará á disposición do público dende o 1 ata o vindeiro 29 de abril no Concello de Silleda. Durante este prazo, os interesados poderán achegarse a examinar os documentos e poderán presentar, dende o 30 de abril ata o 30 de xuño de 2016, as reclamacións que estimen oportunas.

Asemade, os contribuíntes afectados deben saber que po prazo voluntario de cobranza do imposto indicado, para o Concello de Silleda, é do 1 de abril ao 1 de xuño de 2016, ámbalas dúas datas inclusive.

Este imposto poderá pagarse a través de calquera entidade bancaria, na Oficina Virtual Tributaria, (OVT) do Oral, (http://oral.depo.es), ou a través de calquera modo actualizado legalmente, empregando recibos que se enviarán ao domicilio declarado do contribuínte por correo ordinario. En caso de perder este recibo, a persoa obrigada ó pagamento, poderá solicitar un duplicado nos Servizos Centrais – Servizo de Recadación, (Avda. de Marín, 9-11. Tlf. 886 211 400 Pontevedra), ou na Oficina Periférica máis próxima ao domicilio, ata o día 1 de xuño.

Os contribuíntes que a 15 de maio de 2016 non tivesen recibido nos seus domicilios os instrumentos de ingreso disporán de prazo ata o 1 de xuño para solicitar nas devanditas dependencias o documento e efectuar o pago, posto que a non recepción non exonera da obriga de pagamento nin impide a utilización da vía prema.

A vencemento do prazo en período voluntario, sen ter sido satisfeita a débeda, determinará o comezo do procedemento executivo, a percepción da recarga correspondente e demais conceptos esixibles.