O prazo para solicitar a bonificación do IBI para explotacións agrogandeiras, suspendido

Silleda, 24 de marzo de 2020. O Concello de Silleda aclara que, ante a declaración do Estado de Alarma pola propagación do COVID-19, quedan suspendidos todos os prazos administrativos, cuestión que afecta ao prazo para solicitar a bonificación do IBI para edificicacións de explotacións agrogandeiras e forestais. Dito prazo remataba o 31 deste mes de marzo, data que agora queda suspendida ata novo aviso.