O prazo para xustificar as axudas municipais a actividades culturais e entidades deportivas remata o 15 de decembro

Silleda, 25 de novembro 2014. O prazo para xustificar as axudas  municipais para a promoción de actividades culturais e axudas a entidades deportivas deste ano 2014 remata o vindeiro día 15 de decembro, tal e como recollen as bases reguladoras, publicadas no    Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra do pasado 17 de xullo.

A día de hoxe aínda quedan colectivos e asociacións por presentar a xustificación destas axudas, polo que dende o Concello se lembra as entidades beneficiarias que teñen ata o vindeiro 15 de decembro para presentar a debida documentación.

Para estas axudas destinouse en total  a mesma cantidade que no pasado exercicio, con unha partida de 39.000 euros no caso das destinadas a actividades culturais e outra de 24.031 euros para as entidades deportivas.  Neste exercicio outorgáronse axudas a un total de 9 clubes deportivos e 29 asociacións para realizar actividades culturais.