O proceso de adxudicación do servizo de recollida de lixo remata a vindeira semana coa última apertura de plicas

Silleda, 21 de outubro de 2016. A vindeira semana está previsto que remate no Concello de Silleda o proceso de licitación do servizo de recollida de lixo no municipio.

Así, o vindeiro luns día 24, ás 12:00 horas, a Mesa de Contratación procederá a abrir o sobre C (proposta económica) das tres empresas que se presentaron ao concurso.

Este actuación chega despois de que o Concello recibirá a pasada semana o informe solicitado á Deputación de Pontevedra coa cualificación da proposta técnica.

“Se todo vai segundo o previsto, con esto deberiase dar por rematado o procedemento para adxudicar xa o servizo”, explica o alcalde, Manuel Cuiña.

O proceso retomouse hai uns meses logo de que a Asociación Galega de Pequenos Empresarios presentara un recurso. O servizo saiu a concurso

con importantes novidades e melloras respecto á situación actual. A adxudicación realizase por un periodo de 4 anos, cun importe similar ao que rexe actualmente, de 210.000 euros por anualidade (o importe total ascende a 840.000 euros).

A principal novidade é a implantación da recollida selectiva de residuos nas parroquias do rural, un servizo que ata o de agora non existía “e que sen dúbida algunha suporá un gran avance e mellora na xestión de residuos no termo municipal”, indica o alcalde.

No procedemento concorren tres ofertas, correspondentes ás empresas Servizos dos Concellos Galegos SLU; Urbaser S.A. e Soil Recovery SL.