O programa Creadoras, protagonista do Día Internacional da Muller en Silleda

Silleda, 4 de marzo de 2014. Silleda celebrará o Día Internacional da Muller Traballadora o vindeiro sábado, cun acto institucional no que un dos eixos será o programa Creadoras, promovido dende o Centro de Información á Muller (CIM) de Silleda.

O acto celebrarse na Casa da Cultura e comezará ás 18.00 hroas coa presentación a cargo da concelleira de Benestar Social e Igualdade, Dolores García. A música, con catro mozas solistas veciñas do municipio, tamén será unha das protagonistas da sesión. Así, abrirán o apartado musical Cristina Taboada (piano), e Margarita Campos (flauta).

Ás 18.35 está prevista a proxección titulada “Igualdade para as mulleres: progreso para tod@s”, á que seguirá a de Creadoras. Esta serie audiovisual iniciouse o pasado ano, difundindo nas redes sociais o traballo e a opinión de distintas veciñas do municipiotransmitindo tamén a cultura do pobo de Trasdeza. A artesana Carmen Recimil, Alicia Villamayor (panadeira); Marisa Miguélez (pintora); Raquel Fondevila (emprendedora do sector hostaleiro); Marbelis Hernández (florista); Cristina Taboada (música e directora de coro), María José García (arquitecta) e Amanda Castro (fotógrafa) amosan neste traballo as súas formas de creación, de traballo, ou a súa opinión sobre a igualdade de xénero, aventura emprendedora, a violencia contra as mulleres…

A segunda actuación musical estará protagonizada por Ana Rivas e Claudia Carballo (saxo), dúas solitas que son alumnas da Escola de Música de Silleda. O acto tamén inclúe a visita a unha mostra de carteis editados por distintos organismos e administración públicas, co obxecto de promover e fomentar as condicións que posibiliten a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Ana Rivas pechará o acto coa súa actuación.

“Con este acto Silleda volve rendir homenaxe á muller no 8-M, personificando nas protagonistas da  serie Creadoras o seu traballo diario e a súa loita pola igualdade de oportunidades”, sinala a concelleira Dolores García.