O programa cultural MoVEMOS Silleda continua en agosto e setembro, con música, dinamización lectora e teatro

-Os concertos do 32 Curso Tamara Brooks centrarán o calendario de agosto, tamén con espectáculos para o público máis novo. O programa Ler Conta Moito, Sarabela Teatro e o ciclo Monumenta, protagonistas en setembro

Silleda, 30 de xullo de 2021.  A programación cultural de Silleda continuará o resto do verán con distintas propostas. As actividades retómanse a partir do vindeiro 5 de agosto, con música, espectáculos infantís, teatro e rutas entre outros.

O xoves 5 de agosto, celebrarase na praza Juan Salgueiro da Bandeira, o concerto que poñerá o colofón ao campamento organizado pola Banda Recreativa e Cultural, coa temática  de “Sound Painting” , impartido polo artista de jazz Xacobe Martínez, que actuará ese día ca banda ás 20:30 horas.

Do 6 ao 21 de agosto, Silleda será –por primeira vez- a sede do 32 Curso Tamara Brooks de coro, canto e dirección, cun total de 8 concertos abertos ao público aos que se sumarán conferencias, entrevistas e outras actividades para o alumnado inscrito.

As sesión celebraránse en Carboeiro, Silleda e na Bandeira. Os días 6 e 9 de agosto  Carboeiroserá o escenario do certamen. O venres día 6, ás 21:00 horas, terá lugar o concerto de apertura do curso, baixo o lema “Un camiño de música para grupos vocais”, no que participarán o cuarteto de voces SondeNós de Viveiro, o  Obradoiro coral do conservatorio profesional de música de Viveiro (trío vocal masculino) e EntrElas de A Coruña (sexteto vocal feminino).

 

O luns día 9, ás 21:30 haberá tamén unha audición de  música coral relixiosa: “Deus ibi est”, na que participarán alumnos e alumnas do curso, dirixidos por  Eduardo García-Novelli, con  música coral baseada en textos relixiosos e espirituais musicados por autores dos séculos XX e XXI.

 

O martes día 10, celebrarse ás 21:00 horas no auditorio da Semana Verde  a Gala Lírica  “O mundo da Zarzuela”, na que intervirán como solistas varios profesores do curso:  Carmen Solís, Carmen Subrido, Juan Abalde e Gloria Novoa. Estarán acompañados por membros da Banda de Música Municipal de Silleda, baixo a dirección de Rafa Agulló, interpretando unha

selección de romanzas e interludios instrumentais de algunhas das zarzuelas españolas máis coñecidas.

O venres día  13, ás 22:30 chegará a Silleda a “Noite Meiga” con música coral que interpretarán na rúa (praza Juan Salgueiro)  os membros do coro infantil da Escola de Música Municipal de Silleda xunto co alumnado e prefosorado do curso, con pezas populares procedentes de diferentes países do mundo.

Tamén o sábado 14, no auditorio da Semana Verde terá lugar ás 21:00 horas o concerto de cámara “Os sons das cordas”, no que os alumnos de corda do ciclo estarán dirixidos por Michael Thomas.

 

O domingo día 15, no auditorio Manuel Dopazo da Bandeira terá lugar ás 21:00 horas un recital de  teatro lírico, co título “Canto conto” ca participación do alumnado do  curso de canto e técnica vocal , con interpretación teatralizada de pezas para voz e piano de diferentes estilos e épocas.

E para rematar, o sábado 21 ás 21:00 horas celebrarase no auditorio da Semana Verde en Silleda o concerto de clausura do ciclo, co lema “O son da noite brillante”, ca participación do Coro e orquestra de cordas “Tamara Brooks” baixo a dirección do alumnado do curso de dirección e o profesorado (Michael Thomas e Julio Domínguez).

O venres día 20 chegará á praza Juan Salgueiro a actuación de Odaiko Percusión e o sábado 21. Esta localidade acollerá distintas actuacións ao longo da fin de semana. Así, o sábado 21 a charanga Eravisto amenizará a sesión vermú e ás 21:00 horas terá lugar na praza a actuación da Banda Recreativa e Cultural da Bandeira co artista circense Freddi, de Circanelo.

O domingo 22 a banda local dará un pasarrúas e pola tarde, ás 19:00 terá lugar o espectáculo “Seres Fantásticos”, para o público máis novo.

Citas na biblioteca e A língua das bolboretas

Setembro arrancará con actividades de dinamización lectora, a través do programa Ler Conta Moito, na biblioteca pública municipal Daniel Castelao. A primeira das citas será o venres 3, ás 17:30 horas con Paula Carballeira e a sesión “Elas tres. A nai, a nena e a bruxa”.  A biblioteca silledense acollerá en setembro outras dúas citas: o venres 17 cun obradoiro para bebés co lema “Tecendo soños” e o mércores 22, ca proposta “Vivan as unllas de cores”. Todos serán ás 17:30 horas.

O sábado día 4, a compañía Hípica Celta, recala en Silleda co espectáculo Circotour, ás 19:00 horas na praza da Igrexa.

A música clásica seguirá en Carboeiro da man do programa Música no Ar, da Deputación, ca actuación o sábado 11 de setembro de Brais González (piano) e Beatriz Arenas (soprano), ás 19:00 horas.

Programa Monumenta

O domingo 12 Carboeiro e o seu entorno volven ser protagonistas do programa Monumenta, andar con arte, presentado o pasado día 20 en Carboeiro no marco da programación do Xacobeo 21-21.

Trátase dun ciclo de rutas a pe combinadas con experiencias culturais e de divulgación que chegará a 14 localidades e que rematará ese domingo en Carboeiro  baixo o lema “Desde Carboeiro ao Kumano Kodo en Xapón.

A programación de MoVEMOS Silleda rematará con teatro o venres 24, da man da compañía Sarabela e a obra “A língua das boboretas”, baseada na coñecida obra homónima de Manuel Rivas.