O programa Red Paraguas Alzheimer volta a Silleda en outono con sesións para persoas enfermas do municipio

Silleda, 4 de agosto de 2014. O programa Red Paraguas Alzhéimer volta a Silleda o vindeiro outono con novas sesión formativas, dirixidas neste caso ás persoas aqueixadas desta enfermidade ou outras demencias.

Esta iniciativa, que xa tivo en Silleda un ciclo formativo para familiares e coidadores, chega da man da Federación de Asociacións Galegas de Enfermos de Alzhéimer, (Fagal) e da Fundación Barrié. Celebrarase durante os meses de outubro, novembro e decembro, cun total de 24 sesións.  Hai un total de 10 prazas para este ciclo.  

As familias dos enfermos/as que estén  interesados xa poden formalizar a inscrición no departamento municipal de Servizos Sociais.

Con estas sesión, de dúas horas de duración cada unha, preténdese mellorar a calidade de vida das persoas aqueixadas de Alzhéimer e outras demencias, fomentando a súa estimulación con persoal especializado.

O programa Red Paraguas Alzhéimer naceu en  2013, co obxectivo de mellorar a calidade de vida das familias, coidadores e dos propios enfermos. 

A concelleira de Benestar Social, Dolores García, lembra que o ciclo anterior, para os coidadores, contou con un grande éxito, coa asistencia de máis de 20 persoas e agradece que o programa volva a ter en conta a Silleda para continuar “desenvolvendo accións que axudan a mellorar a calidade de vida das persoas que sofren estas doenzas”, engade.