O Servizo Lúdico Educativo Municipal despide a tempada escolar cun festival

Silleda, 23 de  xuño de 2016.  O Servizo Lúdico Educativo do Concello de Silleda celebrou na tardiña de onte a clausura da tempada escolar cun festival onde actuaron os 38 rapaces que participan actualmente deste servizo.

Dado que este ano é ano de olimpíadas, esa foi a  temática escollida para a celebración, co cal os nenos e nenas, por grupos, interpretaron un percorrido polos cinco continentes facendo bailes típicos de cada un e inaugurando  o certame deportivo.

O broche final, puxérono cunha batukada que interpretaron todos xuntos, co gallo de ser o baile típico de Río de Janeiro, cidade onde se celebrarán este ano os Xogos Olímpicos.

Estes nenos tamén participarán coa mesma actuación na Romaría do Rapaz, que se celebrará no entorno da Saleta o vindeiro domingo.

80 nenos e nenas participarán este verán neste Servizo de canguraxe, tanto en Bandeira, coma en Silleda.