O Torneo de Fútbol Biberón e a Exhibición de Zumba voltan o vindeiro sábado nunha cita solidaria

Silleda, 14 de decembro de 2016.  O vindeiro sábado día 17 celebrarase unha nova edición do torneo solidario de fútbol biberón, coa participación de nenos de entre 4 e 5 anos de idade. Na mesma cita, os alumnos/as das Escolas Municipais de Zumba e Zumba Kids tamén realizarán varias exhibicións ante o público.

Será precisamente esta exhibición a que abra a xornada deportiva no pavillón municipal César G. Fares ás 16.30 horas.

 Ás 17.00 horas dará comeza  o torneo de fútbol no que participan 2 equipos da  Escola de Fútbol de Silleda, un do Bertamiráns e outro de Boqueixón. Unha vez rematado terá lugar a entrega de trofeos e de medallas para todos os participantes.

Ao igual que en anos anteriores o certamen ten un carácter solidario. Para asistir, o público pode realizar o seu donativo de xeito voluntario,  ou ben aportar alimentos non perecedeiros, preferentemente latas, aceite e leite. A recadación e os alimentos serán para o programa municipal Silleda Solidaria.

Mañá encendido do alumeado e máis obradoiros na Casa da Xuventude

Por outra banda na xornada de mañá xoves encenderase o alumeao de Nadal, que leva xa varios días colocado nas vilas de Silleda e da Bandeira, así coma en edificios municipais.

Así mesmo, continuarán na Casa da Xuventude os obradoiros de manualidades, dirixidos a nenos e nenas, cunha sesión na que serán protagonistas as campás, elaboradas con material de refugallo. As sesións creativas que continuarán durante os vindeiros días celébranse a partir das 17:00 horas.

Máis de 100 persoas no Xantar de Nadal dos Maiores

Por outra banda, o venres máis de 100 persoas participarán este venres día 16 no Xantar de Nadal dos Maiores, organizado dende a Concellería de Benestar. A cita será no restaurante Coteliño e ao remate do xantar sortearánse tres cestas de Nadal donadas por Nudesa; Eroski e La Caixa, así coma agasallos varios. Dende o Concello de Silleda agradécese un ano máis a colaboración destas entidades.