O Concello de Silleda lembra que este venres, día 26 de xuño, remata o prazo para presentar as solicitudes e a documentación necesaria para a instalación de atraccións, postos de venda ambulante, e outras actividades con motivo das próximas Festas de Verán de Silleda.
Os interesados en participar deberán formalizar a súa solicitude dentro do prazo establecido e achegar toda a documentación esixida, que será revisada pola empresa certificadora Aucatel, requisito indispensable para a tramitación das autorizacións correspondentes.
Dende o Concello faise un chamamento ás persoas solicitantes para que non agarden aos últimos días, co fin de facilitar a xestión.
As Festas de Silleda, que se celebrarán durante os días 9, 10, 11 e 12 de Xullo, volverán reunir un amplo programa de actividades culturais, musicais e de lecer.
