As piscinas municipais de Silleda, con dous recintos en Silleda e na Bandeira, abrirán ao público o vindeiro martes día 1 de xullo . Xa dende esta primeira xornada poderán realizarse tamén as inscricións para os cursos de natación co propio persoal de socorrismo (a partir das 12:00).
O horario dos cursos será como nos últimos anos pola mañá dende as 12:00 horas e establecerase en función do número de quendas necesarias para a realización dos mesmos.
Ao igual que o ano pasado, tamén se ofrecerán cursos de ximnasia na auga para persoas adultas.
Horario de apertura
As piscinas abrirán ao público a partir das 14:30 e ata as 20:30 horas, de luns a venres. Os sábados, domingos e xornadas festivos, o horario será de 15:00 a 20:30 horas.
O custe da entrada ao recinto será de 1 euro por día, tal e como recolle a ordenanza da taxa polo uso de instalacións deportivas, e abonarase nas propias instalacións.
Tamén comezarán a venderse no Concello (na pranta baixa) os bonos para toda a tempada, a partir do luns 23.
O prezo será, para os residentes no municipio, de 20 euros, e de 16 euros para nenos ata os 16 anos. Para os non residentes, os bonos de adulto custan 35 euros e os de nenos 25 euros.
Así mesmo, as persoas que estean empadroadas no municipio de Silleda poderán mercar bonos familiares. Por cada persoa que figure como titular da familia abonaránse 10 euros; se se inclúe un fillo este pagará 16 euros; se son dous fillos, o segundo paga 8 euros, e a partir do terceiro fillo, este último non pagará.
En canto aos cursos de natación, os prezos tamén son máis vantaxosos para as persoas abonadas. Así, os menores abonados pagarán 3 euros por mes; os non abonados 20 euros. Os cursos para adultos custan 9 euros (para abonados) e 20 euros no caso de persoas non abonadas.
Preparación dos recintos
Dende o Concello de Silleda xa se comezou hai varios días a traballar no acondicionamento e limpeza dos dous recintos, a fin de telos listos para a tempada. Tamén se está a proceder contratación dunha empresa para poder contar con personal de socorrismo (3 persoas) , imprescindible para poder abrir as piscinas.