Os silledenses reciclaron máis de 135.000 kilos de vidro durante o ano 2014

Silleda, 17 de febreiro de 2015. O Concello de Silleda, na súa labor de reorganización e mellora do servizo de recollida de lixo, ven de acometer a limpeza dos colectores (iglús) destinados á recollida de vidro.

A empresa que se encarga da recollida do vidro, Sima S.L., con sede en Silleda, comezou onte luns a realizar as tarefas de lavado dos colectores, co que se mellorará o mantemento e conservación das unidades. En total, Silleda conta con 57 unidades, 18 instaladas nas rúas de Silleda, outras 7 na Bandeira e o resto repartidos na zona rural.

En canto aos datos da recollida deste material, no ano 2014 recolléronse en Silleda un total de 135.600 kilos de vidro. A cifra, segundo explican dende a firma xestora, supón un descenso respecto ao ano anterior dun 4,7 por cento, unha tendencia que se repite na maioría dos concellos e se atribúe á situación de crise económica, co consecuente descenso do consumo.

Por meses, o maior volumen de depósitos rexistrouse en xullo, con 13.300 kilogramos recollidos, seguido de xaneiro, con 13.160, e setembro con 13.100 kilos. O mes en que menos volumen de vidro se recolleu en Silleda foi febreiro, cun total de 9.300 kilos.

Superando a media de España

Pese a reducción respecto ao ano 2013, o municipio de Silleda supera mesmo a taxa media de España en reciclaxe deste material. Así, segundo datos de Ecovidrio, a media estatal é de 14,6 kilos ao ano por habilitante, un baremo que en Silleda, á vista dos datos actuais se sitúa xa no 15% por veciño/a.

Dotación de novas unidades

Por outra banda, dende o Concello agárdase que en breve se proceda á dotación de novas unidades de iglús para vidro, tal e como se acordou nun encontro que tivo lugar o pasado mes de xaneiro entre o alcalde, Manuel Cuiña e responsables de Ecovidrio, para mellorar o servizo.

“Aínda que temos unha boa ratio no tocante a unidades de depósito por habitante, consideramos que coa dispersión poboacional de Silleda deben de colocarse máis colectores de vidro”, engade o alcalde.

“Estas tarefas de limpeza son sen súbida unha mellora importante, pero agardamos que en breve se dote ao municipio de novos colectores de vidro”, engade o rexedor.