Publicadas as bases para a contratación de dúas persoas para a limpeza de edificios públicos en réxime de interinidade, e creación de bolsa de emprego

Silleda, 7 de setembro de 2020. O Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra publica hoxe luns día 7 de setembro o anuncio do Concello de Silleda para a contratación de dúas persoas para a limpeza de edificios públicos en réxime de interinidade, e creación de bolsa de emprego. O prazo de presentación das solicitudes para optar a estes postos é de 5 días hábiles contados a partir de mañá martes. No seguinte documento adxunto están as bases reguladoras do procedemento, que tamén están dispoñibles no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Silleda.