Reábrese ao tráfico a rúa Progreso

-Para o remate do proxecto só resta rematar a dotación de sinais e mobiliario urbano

 Silleda, 8 de abril  2022.  Hoxe venres á tarde quedará aberta ao tráfico todo o tramo da rúa Progreso. Deste xeito, abrirase a circulación no cruce que forma esta rúa con Emilio Alonso Paz e República Arxentina, podendo circularse xa por todo o trazado ata o entronque ca Nacional 525 (rúa Trasdeza). Nos vindeiros días está previso completar a instalación do mobiliario e a sinalización da rúa, na que comezou o pintado na última semana.

Dende o Concello de Silleda lémbrase que só se pode estacionar nas zonas habilitadas para tal fin, e que todo o tramo, ao ser de plataforma única ten prioridade peonil, cunha velocidade máxima de circulación de 20 km/h.

Por outra banda, unha vez rematada a sinalización, establecerase o sistema de aparcamento mediante zona azul (rotatorio), polo que se distribuirán tanto nos establecementos comerciais como no propio Concello os discos para o estacionamento.