Rematadas as obras da pista de Negreiros-O Castro a través da subvención do Plan Marco 2020-21

Silleda, 15 de marzo de 2021. Nos últimos días veñen de rematar as obras do camiño de Negreiros (que une esta localidade ca de O Castro), realizadas ao abeiro do Plan Marco, de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021, cofinanciado polo Fondos Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), a través do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MR7001E) .

As obras foron adxudicadas á empresa Francisco Gómez y CIA, por un importe (con baija) de 40.403 euros. Os traballos comezaron ca limpeza de cunetas cunha motoniveladora por ámbalas dúas marxes do camiño, a fin de perfilar noiros con pendentes. Procedeuse despois á dotación de pavimento bituminoso nos entroncamentos coas estradas EP-6502 e EP-6504, varrido do pavimento existente, previa dotación da rega de adherencia, extensión e compactación da capa de regularización (esp.=1 cm), unidade na que se inclúe a dotación da rega de adherencia a executar previamente, e etensión e compactación da capa de rodadura (esp.=5 cm), unidade na que se inclúe a dotación da rega de adherencia a executar previamente.

Estas obras incluiron tamén unha serie de melloras, como a sinalización horizontal (liña de borde de calzada continua, salvo en cruces de camiños e entradas que se executara descontinua, por ambos marxes da vía, de 0,10 m de espesor e dende o PK 0+000 ao PK 0+692) e a colocación de dúas unidades de  detención obrigatoria o STOP, incluída a linea de detención (M-4.1) de 0,40 m de espesor, marcados sobre a calzada e ubicacion a indicar pola D.F. En canto á sinalización vertical tamén se procedeu ao subministro e colocación, a indicar pola D.F., de 1 Ud da sinal de detención obrigatoria (R-2).

_________________________________________________________________