Retómanse as feiras na Bandeira, que ata novo aviso, só albergarán produtos alimentarios e plantóns agrícolas

Silleda, 13 de maio de 2020. A Feira do 14 e o 29 na Bandeira retomase a partir do mes de maio.  Tal e como se informou xa en días pasados só se autorizará a colocación de postos de venda de produtos alimentarios e de plantos vexetais. O entorno do mercado contará pois con espazo suficiente para estes postos, que se colocarán gardando as debidas distancias entre eles e seguindo as indicacións da Policía Local, que vixiará a instalación dos mesmos. A decisión xa foi comunicada ao colectivo de vendedores ambulantes e nas próximas horas colocaránse tamén bandos informativos