SELECCIÓN MEDIANTE SISTEMA DE OPOSICIÓN DE 2 PERSOAS COMO OPERARIOS/AS DE LIMPEZA DE EDIFICIOS MUNICIPAIS EN RÉXIME DE FUNCIONARIO INTERINO E CREACIÓN DE BOLSA DE EMPREGO

Silleda, 12 de marzo de 2024. O Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra vén de publicar hoxe a convocatoria do Concello de Silleda do proceso de selección de dúas persoas como operarias de limpeza de edificios municipais e a creación dunha bolsa de emprego. O proceso levarase a cabo mediante sistema de oposición (exame). Para participar no proceso establécense 5 días hábiles contados a partir do 13 de marzo. As solicitudes deben realizarse ou ben no Rexistro municipal ou por Sede Electrónica. A continuación figura a convocatoria do proceso, as bases reguladoras e o formulario de inscrición para participar no procedemento: