Silleda acolle en setembro un curso para obter o carné de Instalacións Térmicas en Edificios

Silleda, 1 de agosto de 2017.  O municipio de Silleda albergará a partir de setembro un curso para a obtención do carné de Instalacións Térmicas en Edificios. A proposta, que conta coa colaboración do Concello de Silleda, chega da man de Estudios Alfa Ingeniería de Proyectos S.L. e tería unha duración estimada de mes e medio dende o inicio do curso.

O custe do curso é de 900 euros, ao que se sumarían as taxas do exame (300 euros) podendo abonarse en tres prazos ou recibir algún tipo de bonificación a través da Fundación Estatal para a Formación no Emprego.

Dende o Concello de Silleda, que colabora coa entidade, difúndese esta iniciativa co obxectivo de promover o uso da biomasa na contorna.

No curso, para o que se precisan un mínimo de 10 participantes, impartiránse distintos módulos teóricos relacionados coa temática, e as sesións prácticas, está previsto que se realicen nun centro de Monforte de Lemos.

As persoas interesadas en participar poden recibir máis información e inscribirse chamando ao 986 291 356 – 607 239 459.