Este verán, a Casa da Xuventude de Silleda transformarase nun espazo de creatividade, aprendizaxe e tecnoloxía coa celebración dos Campamentos Dixitais, unha iniciativa impulsada pola Fundación Cibervoluntarios dentro do programa CODI (Competencias Dixitais para a Infancia).
Dirixido a mozos e mozas de entre 9 e 17 anos, o campamento está dividido en dúas quendas por idades:
-
Do 30 de xuño ao 4 de xullo, para rapazada de 9 a 13 anos.
-
Do 14 ao 18 de xullo, para participantes de 14 a 17 anos.
🕙 Horario: de 10:00 a 13:00 h
📍 Lugar: Casa da Xuventude (rúa Trasdeza, Silleda)
💻 É preciso traer portátil ou tablet persoal
💸 Actividade totalmente gratuíta
As prazas son limitadas a 25 por grupo e o prazo de inscrición está aberto ata o 11 de xuño. A documentación necesaria para inscribirse está dispoñible ao final deste artigo, e pode presentarse a través do Rexistro municipal ou da Sede Electrónica.
👉 Para máis información, pódese contactar co departamento de Benestar Social no 986 592 037.
Esta actividade conta co apoio do Ministerio de Xuventude e Infancia e está financiada polos fondos europeos NextGenerationEU.
Descarga a seguinte documentación para anotarse: