Silleda acollerá un total de 10 obradoiros do programa Rural TIC do 28 de abril ao 8 de maio

O Concello de Silleda vén de anunciar as datas e lugares nos que se desenvolverán os obradoiros formativos do programa estatal Rural TIC, unha iniciativa impulsada pola enxeñaría pública INECO en colaboración co Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, e dirixida a achegar as novas tecnoloxías á poboación de localidades rurais.

As actividades realizaranse entre o 28 de abril e o 8 de maio, con sesións programadas tanto para a dixitalización social, centrada especialmente na poboación maior, como para a dixitalización económica, enfocada ao asesoramento do tecido empresarial e autónomo local.

As sesións arrancarán o luns 28 de abril no Centro Social de Silleda, ás 17:00 horas. O martes 29 a cita será no Centro Cultural Vista Alegre (17:00 horas) e o mércores día 30 comenzan as sesión nas parroquias, ca primeira cita no local social da parroquia de Lamela (20:00 horas).

O xoves día 1 de maio, as sesión trasladaránse á zona sur do municipio, en concreto ao local social de Cortegada (11:30) e o venres 2 de maio, a cita será en Escuadro (17:00 horas).

Nestes cursos  as temáticas abordadas irán desde o uso de aplicacións móbiles como WhatsApp, Bizum ou a app do Sergas, ata a xestión de certificados dixitais, trámites en liña e ferramentas dixitais para o lecer, a saúde ou as viaxes.

Dende a concellería de Medio Rural, que está a coordinar estas actidiades, a concelleira Asunción García sinala que as sesión están “abertas a toda a veciñanza de localidades da zona que desexen achegarse”.

Na seguinte semana de maio, o luns día 5 celebrarase unha sesión no Salón de actos do Concello (20:00 horas), cun interesante Obradoiro, dirixido a Anpas e familias, sobre como protexer aos menores ante o uso de redes sociais e Internet.

A comunidade escolar será a protagonista das xonradas do 6 e 7 de maio. Así, celebraránse respectivamente obradoiros  no IES Pintor Colmeiro e o CPR María Inmaculada  sobre a pegada dixital .

O ciclo Rural TIC rematará o xoves día 8 de maio cunha dobre sesión. No local social de Dornelas terá lugar para a veciñanza da zona outro das sesión, e no salón de actos do Concello ás 20:00 horas, celebrarse un específico para asociacións e comercios sobre certificados dixitais.

A iniciativa conta coa participación de profesionais voluntarios de INECO, que realizarán as sesións formativas e tamén terán a oportunidade de teletraballar temporalmente no municipio, promovendo así un intercambio de experiencias e coñecementos.

O programa Rural TIC está aliñado coa estratexia da Axenda 2030, contribuíndo á consecución de varios Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e promovendo a innovación e o asentamento de poboación no rural.

Para máis información, pódese contactar co Concello de Silleda a través da web www.silleda.gal ou nos teléfonos 986 18 05 72 ou 610 32 90 64.