Silleda comeza a apertura de sobres para a licitación do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos

-O proceso comezou esta mañá coa apertura do sobre A, onde figura a documentación das empresas presentadas

Silleda, 27 de xullo de 2016.  O Concello de Silleda comezou esta mañá a apertura dos sobres para a adxudicación do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos do municipio.

O proceso comezou hoxe coa apertura do sobre A, que contén a documentación das tres empresas presentadas: Servicios dos Concellos Galegos, S.L.U., Urbaser, e Soil Recovery, S.L.. No acto, ao que acudiron representantes de algunha das empresas participantes, púidose comprobar que en principio toda a documentación presentada está correcta.

O seguinte paso será o envío do sobre B, coas condicións técnicas á Deputación de Pontevedra, para que esta entidade faga a valoración técnica e xa nunha terceira fase, unha vez obtido o informe da Deputación, se procederá á apertura do sobre C, de oferta económica, o que porá fin ao concurso de adxudicación do servizo.