Silleda contará con dous operarios varredores máis durante sete meses

Silleda, 23 de xuño de 2016. O Concello de Silleda ven de incorporar a dous peóns varredores , que pasarán a reforzar a plantilla xa existente durante os vindeiros sete meses.

Estas contratacións foron feitas ao abeiro dunha subvención concedida á entidade local pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia ao abeiro de incorporar a persoas en situación ou risco de exclusión social, perceptoras da Renda Social de Integración, (RISGA), para a realización do servizo denominado “Limpeza de infraestruturas de titularidade municipal”, e que equivale ao financiamento dos custos salariais dos traballadores, incluída a cotización a Seguridade Social.

A incorporación destes dous peóns varredores virá a reforzar os traballos que xa están a realizar os outros doce traballadores incorporados recentemente polo Programa de Conservación de Bens da Deputación de Pontevedra.