Silleda participa do 2 ao 9 de agosto nun acto de intercambio cultural na localidade italiana de Poggio Mirteto

Silleda, 26 de xullo de 2019. Silleda participará dende o 2 de agosto ata o venres 9 no programa de intercambio no municipio italiano de Poggio Mirteto.  A expedición silledense incorporarase o venres vindeiro ao programa de actos que se desenvolverán na localidade italiana xa dende  o vindeiro luns día 29. A comitiva que vai participar nesta actividade estará formada polo alcalde, Manuel Cuiña, o grupo folclórico  Xirandola e membros do Comité para a Xestión de Proxectos Europeos do Municipio de Silleda.

Dende o ano 2016, Silleda está irmandada coas localidades de Canèjan (Francia) e Poggio Mirteto (Italia). No ano 2017 realizouse un programa de intercambio cultural en Francia no que asistiron a Canèjan algúns participantes de Fortín da Pomba. No ano 2018 o municipio silledense foi o anfitrión do intercambio tamén no mes de agosto.

A localidade de Poggio Mirtetto atópase a 40 km da cidade de Roma. Neste intercambio está previsto que ademais das delegación de Silleda e Canejan participe tamén representación de Nagykovacsi (Hungría). O grupo aloxarase con familias acolhedoras.

No programa de actos previsto ademais de actividades musicais e visitas culturais tamén figuran conferencias sobre temas como a inmigración.

O grupo Xirandola actuará o domingo día 4 na praza “Mártires de la libertad”. A expedición visitará cidades como Roma ou Siena.

O mércores 7 de agosto Terán lugar os actos centrais ca celebración do San.Gaetano de Thiene, patrono da cidade, con actuacións coma a da Banda Nazionale Comunale Garibaldina, considerada unha das máis antigas de Europa.

O alcalde silledense, Manuel Cuiña, participará nesta xornada do día 7, incorporándose ao grupo logo de acompañar á Banda Municipal de Música de Silleda na apertura do Festival Intercéltico de Lorient (Francia).