Silleda presenta o Mes das Letras con máis de 20 actividades culturais previstas

-O acto de presentación acudiron, ademais do alcalde, Manuel Cuíña, e a concelleira de cultura, María José Fernández, membros das distintas asociacións culturais do concello

Silleda, 2 de maio de 2016.  A Concellería de Cultura de Silleda ven de presentar na mañá de hoxe o amplo programa cultural previsto para este “Mes das Letras”, que conta con máis de 20 actividades programadas.

Ademais dunha variada oferta de actos de diversas concellerías municipais, o programa tamén conta  cunha extensa programación de eventos organizados por colectivos culturais e veciñais.

Así os actos atenden á seguinte presentación cronolóxica:

            Martes, 3:

  • Colocación dunha lona conmemorativa das Letras Galegas, na honra a Manuel María, na balconada da Casa da Cultura. Estará exposta durante todo o mes de maio. (Organiza a Concellería de Cultura)

 

            Mércores, 4:

  • Reunión do Clube de Lectura da Biblioteca Daniel Castelao. A cita será ás 20:30 horas, co escritor lalinense Carlos Negro e a súa obra “Masculino Singular”. (Organiza a Concellería de Cultura)

 

            Venres, 6:

  • VII Cea da Xuventude de Graba. (Organiza a Asociación Cultural Coto do Castelo de Graba).
  • Entrega de premios do Concurso de Fotografía ClikTrasdeza e apertura da exposición dos traballos presentados na Casa de Cultura de Silleda. (Organiza a Concellería de Cultura)

 

            Sábado, 7:

  • XX Mostra Infantil de Baile Tradicional de Xirandola, no Auditorio Manuel Dopazo de Bandeira ás 19:00 horas. (Organiza a Asociación Cultural Xirandola)
  • Actuación no Parador de Turismo de Plasencia da Coral Polifónica Trasdeza, ás 20:30.

 

            Domingo, 8:

  • XVI Concurso de Baile Tradicional, Azaloira, ás 18:00 no Auditorio Manuel Dopazo de A Bandeira. (Organizado por Fortín da Pomba)
  • Xornada de portas abertas da Escola de Música Municipal de Silleda a partires das 11:00 horas. Ofrecerán un concerto ás 13:00  horas no Auditorio. (Organiza a Escola de Música de Silleda)

 

            Venres, 13:

  • Actividade infantil conmemorando as Letras Galegas, “MaxicoSons, unha aventura entre libros” na Biblioteca Daniel Castelao, ás 17:00 h. (Organiza a Concellería de Cultura)

 

            Sábado, 14:

  • Actividade infantil na Casa da Xuventude: “O gran xogo das Letras Galegas”, ás 17:00 h. (Organiza a Concellería de Normalización Lingüística)

 

            Domingo, 15:

  • Espectáculo “Os Bolechas van ás Olimpíadas”, dirixido aos máis pequenos da casa. No Auditorio Manuel Dopazo de A Bandeira ás 12:30. Programa Falaredes. (Organiza a Concellería de Normalización Lingüística)

 

            Luns, 16:

  • Actividade cultural conmemorando as Letras Galegas en Graba, “Literatura nas corredoiras”. Esta actividade prolongarase durante toda a semana. (Organiza a Asociación Cultural Coto do Castelo de Graba)
  • “A ler con Manuel María”, actividade na que dende a Concellería de Normalización Lingüística se repartirán marcapáxinas conmemorativos das Letras Galegas nos centros educativos. Realizarase ao longo de toda a semana. (Organiza a Concellería de Cultura)

 

            Martes, 17:

  • VI Festival de música tradicional do Concello de Silleda, no Auditorio da Semana Verde, a partires das 17:00 horas. (Organiza a Banda de Silleda e Concellería de Cultura).

           

            Venres, 20: 

  • Entrega dos premios do V Concurso de Micro Relatos do Concello de Silleda, (Organiza a Concellería de Normalización Lingüística).

 

             Sábado, 21:

  • Charla de primeiros auxilios en bebés e nenos/as. Programa Avelaíña. Centro Cultural Vista Alegre, (Organiza a Concellería de Cultura)
  • Concerto “Paseo pola historia dos saxos”, da Escola de Música, na Casa de Cultura de Silleda. (Organiza a Banda de Silleda)

 

Domingo, 22:

  • Concerto de Odaiko e Vanessa Muela, no Manuel Auditorio Manuel Dopazo de A Bandeira. (Organiza Odaiko e Concellería de Cultura)

 

Venres, 27:

  • II Libros na Rúa. Actividade de promoción lectora en colaboración cos centros educativos do municipio. Será na praza da Igrexa. (Organiza a Concellería de Educación)

 

Sábado, 28:

  • Obradoiro de recursos en galego para familias “A casa de Alí”, na Casa da Xuventude. (Organiza a Concellería de Normalización Lingüística)
  • XXVII Tardes de primavera da Coral Polifónica Trasdeza, no Salón Parroquial de Silleda. (Organiza a Coral Polifónica Trasdeza).

 

            Domingo, 29:

  • Teatro no Auditorio Manuel Dopazo de A Bandeira “Dín que chove”, da compañía Avelaíña. 19:00 horas. (Organiza a Concellería de Cultura)
  • Ruada nos lavadoiros, en Parada. (Organiza a Asociación de veciños de Parada)

O Alcalde de Silleda, Manuel Cuíña, quixo resaltar tanto a cantidade coma  a calidade da programación presentada e comentou que “en Silleda temos cultura para todos e ofrecemos unha ampla selección tanto cultural como deportiva para os nosos nenos”, comentou. Tamén quixo facer fincapé nas saídas dos distintos colectivos culturais fora da comunidade, asegurando que “cada vez que imos fora de Galicia se queda falando de nos”, engadiu.