Silleda promove o comercio local

Silleda, 7 de xuño de 2016.  Dende o Concello de Silleda preténdese a programación de actividades e iniciativas de promoción do comercio local. No marco destas actuacións, as Concellerías de Comercio e Normalización Lingüística únense para propoñer aos comerciantes do sector téxtil e calzado, unha iniciativa que se levará a cabo durante a campaña de rebaixas de verán do presente ano.

Trátase de ofrecer a aqueles comerciantes que así o soliciten, un total de tres carteis de rebaixas para colocar nas vidreiras dos seus locais. Ademais, o propio cartel levará impreso tamén un lema en galego, para ademais de promover a compra no período de descontos, fomentar tamén o uso da lingua galega nas transaccións comerciais locais.

Dende o concello estanse a enviar cartas a todos os establecementos informando desta iniciativa, para a que terán que chamar ao 986 580000 antes do 16 de xuño se queren adherirse.