Silleda retoma a Escola de Familia, con sesións a partir do mes de marzo

Silleda, 15 de febreiro de 2019. O Concello de Silleda pon en marcha a partir do vindeiro mes de marzo a Escola de Familia, un proxecto que se retoma dende o departamento de Educación Social e que busca convertirse nun espazo de formación e apoio para país e nais con fillos/as pequenos, preadolescentes e tamén adolescentes .

As sesións, que se diferenciarán segundo a idade dos nenos/as, estarán dirixidas por Leticia del Valle, coach familiar e fundadora de Nous Eduka.

A primeira das sesións, baixo o lema Estilos educativos, terá lugar o vindeiro 13 de marzo (de 20:00 a 21:30 horas) , para os responsables de de nenos e nenas de 12 a 17 anos.  O sábado 30 de marzo a cita ira dirixixa a responsables de cativos/as de 0 a 11 anos, baixo o lema Construindo identidade, (de 11:00 a 12:30 horas).

O mércores 24 de abril, tamén en horario de tarde celebrarase a segunda cita para familias de adolecentes, co título Ferramentas de comunicación intrafamiliar e xa por último o 4 de maio, o turno será de novo para as familias de nenos/as de 0 a 11 anos, sobre cómo descifrar o comportamento infantil (en horario de mañá). Todas as sesións terán lugar na Casa da Cultura de Silleda.

O obxectivo deste proxecto educativo consiste en proporcionar aos proxenitores ferramentes e recursos que lles permitan facer fronte aos problemas cotiás cos seus fillos /as.

A través de técnicas de coaching educativo, dinámicas grupais e asesoramento educativo por parte facilitador, os pais e nais que asistan ás sesións profundizarán nun tipo de educación que nos ensina   ensina habilidades de vida aos fillos dende o respetou mutuo, con métodos da chamada Disciplina Positiva. Esta baséase en principios como fomentar o sentido de comunidade, obter solución aos retos diarios, empoderar ás persoas ou pasar da idea á acción concreta.

“Queremos que os pais e nais teñan ferramentas para aprender a manexar situación diarias  e entender mellor os seus comportamentos”, engade a concelleira de Benestar Social e Eduación, Pili Peón.