Teatro, andaina, e un coloquio ca ilustradora de Lola Vendetta centran a programación do 25-N en Silleda

No día contra a Violencia de xénero a concentración celebrarase pola tarde na praza da Igrexa. No auditorio Semana Verde representarase a obra #2Pilgrims, a través do programa Tornar ás Táboas da Deputación, ca coñecida actriz Sheyla Fariña. O encontro ca artista Raquel Riba será o 3 decembro

Silleda, 13 de novembro de 2021-.  O Concello de Silleda vén de programar unha serie de actividades con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se conmemora o vindeiro 25.

Coloquios, teatro, e unha andaina a Carboeiro centran os actos da programación que arrancará nesa mesma xornada.

O teatro será protagonista ca representación da obra 2Pilgrims, de Redrum Teatro, unha iniciativa que chega a Silleda da man da Deputación de Pontevedra co programa Tornar ás Táboas.

A obra está protagonizada pola coñecida actriz galega Sheyla Fariña (protagonista de Acacias 38) e Guillermo Carbajo (o que fora neno da mítica serie Pratos Combinados).

O Camiño de Santiago, a igualdade e as novas masculinidades, ou a importancia actual das redes sociais  serán os temas principais do proxecto #2Pilgrims, unha aventura cativadora, enfocada ao público adolescente co fin de concienciar, educar en igualdade e inculcar valores que preveñan a violencia de xénero.

A cita será o xoves 25 ás 12:00 no auditorio da Semana Verde, nunha función á que asistirán alumnos e alumnas de Secundaria pero que está aberta a todo o público interesado.

Xa pola tarde, ás 20:00 horas, terá lugar a concentración en repulsa contra a violencia machista, na praza da Igrexa de Silleda.

O venres 26, dende a Concellería de Igualdade, que dirixe Ángela Troitiño, faráse entrega de lotes de libros sobre esta temática para os centros escolares do municipio.

Na xornada do domingo 28 celebrarase a andaina a Carboeiro baixo o lema “10 kilómetros de respecto”, para a que segue aberto o prazo de inscrición ata o vindeiro día 22. As persoas que participen teñen a posibilidade de voltar en autobús.

Prazo de inscrición para o coloquio Máis vale soa

O peche da programación chegará o venres 3 de decembro co coloquio titulado “Máis vale soa”, no que participará Raquel Riba Rossy, a artista que está detrás do popular personaxe de Lola Vendetta, acompañando ao empoderamento feminino cas súas ilustracións.

Debuxante, cantautora e escritora, conta con máis de medio millón de seguidores na súa canle de Instagram. .Enfocada a empoderar o feminino especialmente en España, México, Colombia e Argentina, Riba Rossy crea no ano  2014 «Lola Vendetta», unha mullera fiada, mordaz, contundente e en palabras da súa creadora a mujer afilada “sin pelos na lingua e que se enfronta a todo o que non lle gusta da vida, comezando polos homes que non a respetan”.

Nas súas conferencias de temática feminista están presentes temas coma o empoderamento da muller ou as novas masculinidades. Na sesión de Silleda asinará tamén exemplares da súa saga literaria.

Todas as persoas que desexen asistir poden anotarse a partir deste luns día 15 nas dependencias do Centro de Información á Muller (CIM), chamando ao 986 592037 ou enviando un mail a cim@silleda.es.