O Concello de Silleda vén de presentar a programación cultural para o mes de xuño de 2025, cunha ampla variedade de actividades que se estenderán ao longo de todo o mes, ofrecendo opcións para todos os públicos e fomentando a participación cidadá.
As actividades arranca este sábado 7 de xuño cos XXVI Encontros de Música Tradicional de Carboeiro, organizados pola Asociación cultural Santa Ferreña, que terán lugar no Mosteiro de Carboeiro e o seu entorno a partir das 12:00 horas, nunha xornada de exaltación da música e cultura tradicional galega ca que tamén colabora o Concello de Silleda.
Como novidade, neste mes estrease tamén un Ciclo de Teatro Afeccionado, co que o público poderá gozar de dúas funcións no Auditorio Manuel Dopazo. Así, o venres 13 de xuño, o grupo Enredos Teatro representará a obra “As Galiñas!” ás 21:00 h.
O sábado 14 de xuño, a agrupación Lusco Fusco de Lalín presentará “Herencia Compartida” ás 20:30 h.
A entrada é de balde nas dúas función ata completar aforo, e recolleranse alimentos non perecedoiros destinados ao Banco de Alimentos do programa Silleda Solidaria.
O venres 20 de xuño, terá lugar a Presentación da XXV Festa do Lacón, un dos eventos máis emblemáticos do concello, na Praza Siñor Afranio de Silleda ás 20:00 h.
O mércores 25 de xuño, os máis pequenos poderán gozar dunha nova sesión de contacontos co espectáculo “Kairos”, na Biblioteca Daniel Castelao, ás 18:00 h.
A programación continúa o sábado 28 de xuño coa celebración do Día da Música na carballeira das Pedrosas, a partir das 11:00 h, cunha xornada lúdica e festiva para toda a veciñanza promovida pola Banda Municipal de Silleda e a Escola de Música.
O broche final será o domingo 29 de xuño, coa tradicional Romaría da Rapazada en Siador, tamén a partir das 11:00 h, nun evento pensado para o público infantil e familiar, con actividades durante toda a xornada que se irán dando a coñecer nos vindeiros días.
Para máis información sobre as actividades, pódese contactar co Concello no teléfono 986 58 00 00.