Técnicos de Patrimonio realizaron a visita solicitada dende o concello ao mosteiro de Carboeiro para avaliar o estado do edificio

Silleda, 17 de setembro de 2015. Técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio visitaron en días pasados o mosteiro románico de San Lourenzo de Carboeiro, respondendo así á petición cursada dende o Concello para realizar un diagnóstico sobre o estado do edificio.

Ata este conxunto histórico e patrimonial achegáronse un arquitecto e unha restauradora, que percorreron as instalacións acompañados por personal municipal.

Logo desta primeira visita, na que se tomaron fotografías e se fixo unha primeira valoración in situ do estado do mosteiro, preocupan entre outros os tellados do templo e das dependencias monacais. Precisamente o estado das cubertas fai que a agua se filtre polo interior do edificio cando se rexistran fortes choivas. Así, nas xornadas pasadas as treboadas fixeron que a choiva se colara ata a cripta do templo.

Nesta primeira toma de contacto, os técnicos tamén apreciaron bastante deterioro no conxunto das arquivoltas, en determinadas figuras, sobre todo na fachada principal do edificio.

Dende o departamento municipal de Turismo de Silleda elaborouse un listado de propostas que se considera deben mellorar, para transmitir a Patrimonio. Así ademais das cubertas neste listado, con deficiencias que revisaron os técnicos na súa visita figuran outras cuestións coma o enlousado das capelas laterais e a tumba do abade, a ordenación das pedras do claustro, ou o estado dos muros de contención.

Sobre estes últimos o deterioro sufrido nos últimos anos é tamén notorio. Así no caso da ventana do refectorio, cara ao norte, o muro está completamente hacia afora.

“En casos como este é evidente que o conxunto de Carboeiro precisa unha avaliación e posteiror intervención para poder conservar este valioso edificio”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.

Agora o Concello de Silleda agarda que os técnicos elaboren o informe pertinente para ter unha idea da situación máis en detalle.

“Esperamos que fagan un diagnóstico completo e que se de traslado aos responsables de Patrimonio para ver qué medidas se poden adoptar”, engade Cuiña.

A limpeza dos arbustos que medran nas paredes, a reparación das cubertas nos camparios, ou a eliminiación de hedras son outros dos aspectos advertidos dende o departamento muncipal.

“Temos que velar pola conservación desta xoia do romanico oxival galego e pedir o apoio de outras Administracións porque Carboeiro é o noso buque insignia, un patrimonio de todos que non podemos descoidar”, advirte o rexedor.

Así mesmo, Manuel Cuiña, agradece a Patrimonio que se realizara esta visita –solicitada o mes pasado dende o Concello. “Consideramos que era moi necesaria e por iso estamos agradecidos de que deran resposta a esta demanda”, engade.