O Concello de Silleda recibe unha nova axuda do Inega para a instalación de paneis fotovoltaicos na central da Rede de Calor

Silleda, 2 de outubro de 2019. O Concello de Silleda resultou ser un dos municipios beneficiario no procedemento de concesión de axudas para proxectos de enerxía fotovoltaica impulsado polo Instituto Enerxético de Galicia (INEGA).

O proxecto subvencionado consiste na colocación de 40 paneis fotovoltaicos cunha potencia total de 11 kWp sobre a cuberta da nave da Rede de Calor con Biomasa, ubicada na parcela adquirida polo Concello de Silleda hai agora dous anos.

O custe elixible da operación ascende a 12.653,60 € e está financiada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Con esta dotación continúase apostando pola mellora da eficiencia enerxética nesta instalación, a Rede de Calor -a primeira de carácter público-privado de Galicia- que é xa un referente.