Volta a Silleda “A Vila do mañá” do 26 ao 30 de xuño próximos

-O proxecto educativo e e de divulgación, con obradoiros gratuitos para nenos e nenas de 5 anos en adiante abre mañá as inscricións

-Haberá dúas quendas por idades: pola mañá de 5 a 10 anos e pola tarde de 10 anos en adiante

-Traballarase sobre conceptos urbanísticos, a literatura galega, a lingua e o patrimonio

Silleda, 14 de xuño de 2023.  Silleda acollerá por terceiro ano consecutivo  durante unha semana, do 26 ao 30 de  de xuño  os obradoiros de “A Vila do Mañá”, unha aposta lúdico educativa que nos últimos anos se desenvolveu en distintas localidades galegas e que chegou tamén ata San Paulo, no Brasil.

O coñecemento do hábitat, a construcción participativa na arquitectura da vila, ou a literatura galega, serán algún dos eixos temáticos da proposta impartida por PØST Arquitectos a crear o proxecto A Vila do Mañá, unha iniciativa educativa e de divulgación para que dende a dinámica do xogo a infancia tome conciencia de todas as escalas do común: a arquitectura, o patrimonio tanxible e intanxible, o urbanismo e a paisaxe.

Estes obradoiros, que contan tamén co apoio de entidades como a Fundación Roberto Rivas, Apatrigal, ou a Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña,  están destinados a nenos e nenas a partir de 5 anos e para a mocidade do termo municipal con distintas actividades coordinadas por personal monitor que se desenvolverán en horairo de mañá e de tarde nas rúas de Silleda. As actividades son gratuitas e será preciso formalizar a inscrición no Concello (poderá facerse a partir de mañá xoves ).

Desenvolveránse en dúas quendas segundo a idade das persoas participantes. Así pola mañá , en  horario de 10:00 a 14:00 asistirán nenos e nenas de 5 a 10 anos e pola tarde, e de 16:00 a 20:00, os de 10 anos en adiante . As actividades están organizadas polas Concellerías de Cultura, de Educación e de Urbanismo.

O reto principal é que a infancia e a adolescencia estean presentes de forma activa no proceso de construción dos espazos comúns, dotándoos das ferramentas necesarias para desenvolver a súa creatividade dende a arte e a arquitectura, fomentado a participación protagónica dende a infancia e a mocidade, sen esquecer tamén o uso da lingua e o valor da literatura galega.

Concebir a vila como espazo de xogo, recuperando ideas propostas polo holandés Aldo Van Eyck, e tamén cas premisas e Francesco Tonucci , creador do programa “ A cidade dos nenos”, é un dos obxectivos desta iniciativa que busca que os nenos e nenas actúen como vangarda da recuperación do territorio para a cidadanía e que vén de desenvolverse nos últimos anos con grande éxito en localidades como Vilagarcía, Carballo, Arzúa, Ames, Rianxo, Cambados, Arteixo, Malpica ou Santiago, entre outros. A continuación, está a folla de inscrición: