O DéporCampus Cabreiroá volta este verán a Silleda. As actividades organizadas pola Fundación R.C Deportivo da Coruña en colaboración co Concello terán lugar do 14 ao 18 de xullo próximos para os nenos e nenas de 6 a 14 anos.
Despois do grande éxito das campañas anteriores, as actividades terán lugar de 10:00 a 14:00 horas no campo de fútbol municipal da Gandareira.
As inscricións están xa abertas e deben realizarse a través da web deporcampus.rcdeportivo.es. Toda a información, prezos e inscricións están dispoñibles no enlace https://deporcampus.rcdeportivo.es/es/silleda-2025/inicio
Para calquera dúbida ou aclaración pódese contactar directamente ca organización a través do enderezo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es
Dende o Concello de Silleda a alcaldesa, Paula Fernández, e a concelleira de Deportes, Mónica González, agradecen á Fundación R.C Deportivo que sigan apostando pola localidade para celebrar este campus, que sigue sumando nenos e nenas en cada edición e que se celebra de xeito alterno nos campos de Silleda e da Bandeira.