Volta o certame Silleda Agasalla con lemas de Nadal en galego aportados polo alumnado

Silleda, 16 de novembro de 2017. O Concello de Silleda organiza a cuarta edición de Silledagasalla, un certame que ven colleitando moito éxito  dentro da campaña de Nadal.

Trátase dunha iniciativa posta en marcha dende a Concellería de Normalización Lingüística, que dirixe Pilar Peón,  en colaboración cos centros educativos e o sector do comercio de Silleda. 

Con este certame, para o fomento da lingua galega elixiranse os lemas máis orixinais que logo se repartirán entre os comercios para acompañar os agasallos de Nadal dos clientes.

Trátase de que o alumnado aporte lemas en galego relacionados coas datas de Nadal. Estes lemas serán logo editados polo Concello de Silleda, convertíndoos en pegatinas de felicitación que serán repartidas a aqueles comercios do municipio de Silleda, que así o soliciten, para a decoración dos agasallos de Nadal.

Dende a Concellería de Normalización Lingüística  non se plantexa esta actividade como concurso, senon como participación de todo o alumnado.

Os traballos poden presentarse ata o vindeiro 1 de decembro .