Volta o Depor Campus Cabreiroá ao municipio de Silleda , con inscricións ata o día 8 de xullo

Silleda, 10 de xuño de 2021. Silleda acolleu a  presentación do DéporCampus Cabreiroá de verán, que se realizará na localidade, por segundo ano consecutivo, na semana do 12 ao 16 de xullo.

As actividades están dirixidas a nenos e nenas de 6 a 14 anos de idade e realizaránse nesta edición no campo da Gandareira, na Bandeira .

Na presentación participaron o alcalde, Manuel Cuiña, a concelleira de Deportes, Mónica González, Pablo Barros, director das actividades formativas da Fundación RC Deportivo e Manuel Maceira, que será o coordinador local do campus.

Cuiña destacou o éxito da primeira edición do campus, celebrada no campo de Outeiriño en 2020 tamén en colaboración co Concello, con máis de 30 participantes, pese a aplicarse un rigoroso protocolo pola pandemia.

As  inscripcións xa están abertas e poden formalizarse ata o xoves 8 de xullo ás 12:00 horas. Para consultar información sobre tarifas e outras cuestións, as persoas interesadas deben de acceder ao  enlace http://deporcampus.rcdeportivo.es/es/silleda-2021/inicio, onde ademais hai que realizar a inscrición.

Para calquera dúbida ou consultas sobre a actividade tamén se pode contactar directamente ca organización no enderezo deporcampus@rcdeportivo.es