Volve o certame de microrrelatos, ca muller labrega como protagonista

A concellería de Normalización Lingüística abre este luns o prazo para participar, que se extende ata o 14 de maio. Haberá dúas categorías e o premio será unha tablet e vales de compra para os gañadores

Silleda, 17 de abril de 2021.  A Concellería de Normalización Lingüística, que dirixe Ángela Troitiño, vén de convocar unha nova edición do Concurso de Microrrelatos. O certame, que se vén celebrando xa dende hai 9 anos, está dirixido a todas as persoas maiores de 6 anos que estén empadroadas en Silleda.

Ao igual que en anos anteriores establécense dúas categorías: de 6 a 12 anos e de 13 anos en adiante. O lema deste ano é “A muller labrega” e o xurado valorará a orixinalidade e creatividade dos textos, que deberán de estar escritos íntegramente en galego.

Poderán presentarse en dous formatos: escrito a ordenador (cun máximo de 500 caracteres) ou a man (cun máximo de 100 palabras).  Presentaránse en DIN A 4, firmados con pseudónimo e metidos en sobre pechado no que se incluirá aparte datos do autor/a (nome, DNI, teléfono, enderezo…).

Os traballos, acompañados dun anexo que deberán de cubrir as persoas participantes, deben enviarse ao mail info@silleda.gal e de xeito excepcional poderán entregarse tamén no Rexistro muncipal.

O prazo ábrese este lunes día 19 de abril e rematará o vindeiro 14 de maio..

Os gañadores ou gañadoras de cada categoría recibirán como premio unha tablet valorada en 100 euros e vales de compra de 20 euros para canxear en comercios do municipio de Silleda. Ademais, se pertencen a algún centro educativo do Concello de Silleda entregarase outro vale de 50 euros para mercar libros en galego para o citado centro, en establecementos do municipio.

O xurado encargado de elixir os traballos gañadores estará formado por profesionais dos medios de comunicación e a concelleira  de Normalización Lingüística. O fallo darase a coñecer antes do 17 de maio, Día das Letras Galegas.

“O fomento da creatividade e do uso da lingua galega entre os máis novos seguen a ser os obxectivos desta proposta que retomamos agora e que vén contando nos últimos anos cunha alta participación”, comenta a concelleira.

As bases do certame e o anexo están nos documentos recollidos a continuación: