Xa está aquí a programación de maio «Cantareiras Silleda» / Letras Galegas 2025!

Xa temos aquí a programación para o mes de maio!👏🏻

🔹En Silleda celebramos as Letras Galegas 2025 cunha chea de actividades culturais baixo o lema “Cantareiras” 🎶, poñendo en valor o legado da música e da poesía popular 📜.

Sábado 3 de maio

  • Mostra de Baile Infantil de Xirandola / Auditorio Manuel Dopazo ás 18:30h.

Sábado 10 de maio

  • «Pelica de burra» de Vero Rilo e Luis Iglesias. Obradoiro de narración e música na Praza Siñor Afranio ás 12h.

Luns 12 de maio

  • DezArte / Centro Cultural Vista Alegre en Bandeira ás 20h.

Do 12 ao 16 de maio

  • Semana Cultural Vista Alegre / Centro Cultural Vista Alegre .

Mércores 14 de maio

  • Xincana «Camiño de Nós» / IES Pintor Colmeiro ás 10:45h.

Sábado 17 de maio

  • Xonga Letras / Carballeira das Pedrosas.

Mércores 21 de maio

  • Contacontos «Mulleres nas Letras» de Antón Ke / Biblioteca Municipal Daniel Castelao de Silleda ás 18h.

Venres 23 de maio

  • Monólogo «A Penúltima» de Carlos Blanco / Auditorio Semana Verde Silleda ás 21h.

Sábado 24 de maio

  • Tardes de Primavera / Salón Parroquial Silleda ás 20:30h.
  • Aula Aberta de pandeireta / Praza Siñor Afranio ás 11:30h.
  • Ruada de Parada / Parada a partir das 17h.

Sábado 31 de maio

Casa do Concello a partir das 11:30h:

  • «Sementando a recollida«. Obradoiro patrimonio oral.
  • Entrega de premios de «II Presume de Lingua«.
  • Deseguido «Vermú das Cantareiras».

Mosteiro de Carboeiro a partir das 17:30h:

  • «Voces de Carboeiro».

 

Para máis información podes contactar no 986 58 00 00.
Vinde celebrar con nós a nosa lingua, a nosa música, a nosa cultura! 🌿