LICITACIÓN DA OBRA «VIVEIRO DE EMPRESAS-ÁREA 33»

ANUNCIO APERTURA SOBRE C.PROPOSICIÓN ECONÓMICA

ACTAS MESA CONTRATACIÓN. APERTURA SOBRE A E SOBRE B

 

ANUNCIO DE LICITACIÓN
(Expte. 910/2019)
Licitación do da obra denominada «VIVEIRO DE EMPRESAS – AREA 33 (Silleda)”
1. OBXECTO e procedemento de adxudicación: Obxecto do contrato: O obxecto
do presente contrato é a execución da obra denominada “VIVEIRO DE EMPRESAS
– AREA 33 (Silleda)»: verificarase mediante procedemento aberto e tramitación
urxente.
2. TIPO DE LICITACIÓN. O orzamento base de licitación (gasto máximo autorizado)
para este contrato queda fixado na cantidade de 349.085,23 € (IVE incluído),
correspondendo ao importe neto a cantidade de 288.500,19 euros, e ao IVE
aplicable 60.585,04 euros, quedando integrado polos custos directos e indirectos
que se reflexan nos cadros de precios do proxecto técnico, determinándose os
custos laborais segundo convenio sectorial de aplicación.
3. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN. A forma de adxudicación do contrato será o
procedemento aberto e tramitación urxente, no que todo empresario interesado
poderá presentar unha proposición, quedando excluída toda negociación dos termos
do contrato cos licitadores.
Perfil de contratante
Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa
actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade,
este Concello conta co Perfil de Contratante, tanto na web como na súa sede
electrónica, ao que se terá acceso segundo as especificacións que se regulan na
páxina web seguinte: www.silleda.es
4. PRAZO EXECUCION/DURACION. O prazo máximo de execución da obra é de
tres (3) meses a contar desde a data da acta de comprobación do replanteo, de
conformidade co disposto na LCSP. Establécese como data de inicio prevista das
obras o día 22 de xullo de 2019.
5. PROPOSICIÓNS. Lugar e prazo:
Esta licitación non ten carácter electrónico, non se esixe por tanto a presentación de
ofertas utilizando medios electrónicos, tendo en conta a Disposición Final Sexta da
LCSP, sobre habilitación normativa en materia de uso de medios electrónicos, e en
espera das normas de desenvolvemento da Disposición Adicional Décimo sexta, que
poidan ser necesarias para facer plenamente efectivo o uso de medios electrónicos,
informáticos ou telemáticos nos procedementos regulados nesta lei, a presentación
e apertura das ofertas realizarase da forma que se describe a continuación.
As ofertas presentaranse exclusivamente no rexistro do Concello con domicilio na
Rúa de Trasdeza, 55 –Silleda ,en horario de luns a venres de 09:00 ha 14 h, dentro
do prazo de trece (13) días naturais contados a partir do día seguinte ao de
publicación do anuncio de licitación no Perfil de contratante.

Cando a documentación sexa enviada por correo estarase ao disposto no artigo 80.4
RGLCAP (EDL 2001/34761).
6. DOCUMENTACIÓN E INFORMACIÓN: No Perfil do Contratante, onde se
publican os Pregos e as restantes actuacións desta contratación e na Secretaría
Municipal.
a) Organismo: Concello de Silleda.
b) Dependencia que tramita el expediente. Secretaría.
c) Obtención de documentación e información:
1) Dependencia: Secretaría.
2) Domicilio: Rúa do Trasdeza, 55.
3) Localidad y código postal: Silleda, 36540.
4) Teléfono: 986580000.
5) Telefax: 986581021.
6) Correo electrónico: info@silleda.gal, aedl@silleda.es; david.garcia@silleda.es.
7) Dirección de Internet do perfil del contratante. www.silleda.es . Administración
Electrónica de SILLEDA (Gestiona). URL: https://gestiona-05.espublico.com/
7. GARANTÍA PROVISIONAL: non se esixe. Garantía definitiva: o 5% de prezo de
adxudicación, IVE excluído.
8. Revisión de prezos: Non se aplicará fórmula algunha de revisión.
9. GASTOS DE ANUNCIOS: o gasto derivado das publicacións desta licitación será
por conta do adxudicatario.

SILLEDA a 31 de maio do 2019.

O ALCALDE
Manuel Cuiña Fernandez

20190522__Prego Viveiro de empresas(1)

20190520_Proxecto – Viveiro de empresas Tomo I F(1)

20190520_Proxecto – Viveiro de empresas Tomo II F(1)

20190520_Proxecto – Viveiro de empresas Tomo III F(1)