O mércores 26 de agosto abre o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas de Silleda

  • A oferta inclúe patinaxe, kung-fu, baloncesto, zumba fitness, zumba kids, esgrima e atletismo e incorpora como novidades para persoas adultas bailes de salón e  actividade ReConecta, con exercicio para o benestar físico e emocional. As inscricións deben realizarse no pavillón César G. Fares

Silleda, 21 de agosto de 2026.  O Concello de Silleda abrirá o vindeiro mércores día 26  o prazo de inscrición nas escolas deportivas para o vindeiro curso. As actividades  comezarán a impartirse xa durante o mes de setembro, con novidades na oferta para o público adulto.

A proposta inclúe actividades xa consolidadas e tendo en conta os espazos dispoñibles. Así, neste curso ofertaránse clases de patinaxe, kung-fu, baloncesto, zumba fitness, zumba kids,  esgrima e atletismo. Como novidade o programa incorpora dúas novas modalidades para persoas adultas: bailes de salón , e a actividade ReConecta que combina exercicio de movemento e respiración para mellorar a condición física e xestión psicoemocional.

As inscricións deben realizarse no pavillón Cesar G. Fares de Silleda, a partir do vindeiro mércores, en horario de 10:00 a 13:00 e  de 19:00 a 21:00 horas. Tamén se poden remitir as inscricións, que estarán dispoñibles na web municipal, ao enderezo info@silleda.gal.

As actividades impartiránse no pavillón César G. Fares, no pavillón do IES (no caso de Atletismo), no Centro Social de Silleda e tamén no recinto Feira Internacional de Galicia.

Na escola de patinaxe, a idade límite de iniciación será para nenos e nenas nados en 2022, neste caso con prazas limitadas.

En atletismo, impartido por Atletismo Deza, poderán participar nenos nenas nados entre os anos 2021 e 2014.

Xornadas de portas abertas e campus de baloncesto

Ca intención de familiarizar ás persoas máis novas cas actividades deportivas, este ano haberá sesións abertas para que as persoas interesadas poidan probar as actividades de balde e sen compromiso.

Estas sesións serán ao longo do mes de setembro. No caso de actividades federadas como o baloncesto, que en Silleda se levan a través do Obradoiro CAB, xa se pode asistir ao campus que terá lugar do 31 de agosto ao 4  de  setembro polas mañás no pavillón de Silleda (de 09:00 a 14:00 horas) para nenos e nenas a partir de 6 anos e ata a categoría infantil.

Dende o Concello de Silleda agradécese a colaboración da Fundación Semana Verde, o IES Pintor Colmeiro así como dos clubs que imparten as distintas modalidades deportivas nas escolas silledenses (Atletismo Deza, Compostela Esgrima e Obradoiro CAB). A continuación figura o formulario de inscrición: