Que é a Axenda 2030?

A Axenda 2030 é un programa deseñado pola ONU coa fin de promover un desenvolvemento social e económico que chegue a todas as persoas e que sexa respectuoso co medioambiente.
Para conseguilo, fíxanse un total de 17 ODS ou obxectivos de desenvolvemento sostible, que se centran en cuestións clave como a eliminación da pobreza, a loita contra o cambio climático, a igualdade da muller, unha educación de calidade ou unha mobilidade inclusiva e sostible

Últimas novas

Solidariedade, igualdade e coidado do medio, protagonistas nunha edición especial da Romaría da Rapazada
Solidariedade, igualdade e coidado do medio, protagonistas nunha edición especial da Romaría da Rapazada

A cita, única en Galicia, chega a súa 34 edición con obradoiros de sensibilización, xogos tradicionais e sustentabilidade como eixo temático Será o domingo 30 no recinto da Saleta en

Ler máis
Ponse á disposición da veciñanza a enquisa destinada a facer o diagnóstico da Axenda 2030
Ponse á disposición da veciñanza a enquisa destinada a facer o diagnóstico da Axenda 2030

A súa fin é radiografar a situación actual do municipio coñecendo as inquedanzas e necesidades da poboación A consulta poderá cubrirse dixitalmente na páxina web municipal ou en papel no

Ler máis
Silleda solicita a colaboración veciñal para definir os obxectivos da súa Axenda 2030
Silleda solicita a colaboración veciñal para definir os obxectivos da súa Axenda 2030

O público encheu o salón de actos do Concello na presentación deste programa de desenvolvemento sostible “Estamos falando de facer entre todos a Silleda que queremos”, sinalou a alcaldesa, Paula

Ler máis
Silleda convoca á veciñanza o 2 de maio para comezar co plan estratéxico da Axenda 2030
Silleda convoca á veciñanza o 2 de maio para comezar co plan estratéxico da Axenda 2030

A xuntanza celebrarase ás 21.00 horas no salón de actos da casa do Concello Paula Fernández: “Querémoslle dar voz á veciñanza para conseguir que Silleda sexa máis sostible e inclusiva”

Ler máis

A Axenda 2030 en Silleda

O noso reto consiste agora en adaptar os obxectivos da ONU á nosa propia realidade. Cada un de nós debe pensar como é a Silleda que quere e que podemos facer para construíla. Coas aportacións de todos deseñaremos a Axenda 2030 de Silleda.
A folla de ruta que seguiremos nos vindeiros anos para sentar os cimentos da Silleda do futuro.

Axuda a darlle forma
á Silleda do futuro

Contesta a enquisa que nos axudará a determinar as principais inquedanzas das persoas que vivimos en Silleda.
Tamén levaremos a cabo varias xuntanzas nas que, por sectores, poderás falar de quen somos, que necesidades temos e cara onde queremos dirixirnos.

Con todo este material, elaboraremos un diagnóstico da nosa situación actual e poderemos decidir cales son as actuacións que nos permitirán facer a Silleda que queremos.

A Axenda 2030 inclúe
todas as persoas

As persoas constitúen o eixo da Axenda 2030.
O seu desenvolvemento individual e social vai da man dun crecemento económico respectuoso co medio natural
e ten que alcanzar a todas as persoas
en todas as partes do mundo.
A Axenda 2030 quere acabar coa fame, coa pobreza, coa desigualdade, coas discriminacións.
Tamén pretende protexer o planeta e a saúde, e converter cidades e pobos en lugares máis humanos e amables.
As metas márcanas os ODS.

Enquisa

O Concello de Silleda precisa coñecer as inquedanzas da veciñanza para determinar cales son as necesidades e prioridades de actuación de cara ao cumprimento dos obxectivos da Axenda 2030.

Convidámosvos a cubrir esta enquisa para deseñar a Silleda que queremos.

A túa opinión é importante.

Queres saber máis sobre a Axenda 2030?

 

Aquí tes máis información para que coñezas polo miúdo a Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

Proxecto financiado ao abeiro da convocatoria de subvencións destinadas a accións para o impulso da Axenda 2030 nas Entidades Locais, financiado integramente pola Secretaría de Estado para la Agenda 2030 dependente do Ministerio de Derechos Sociales, Consumo y Agenda 2030